Usamos cookies para brindarle la mejor experiencia. Lea nuestra política de cookies .

COÑECENOS!
SÍGUENOS!

Mobirise
Mobirise

Benvidos e benvidas

 á páxina web do colexio La Milagrosa de Lugo (CPR Plurilingüe La Milagrosa).
Somos un CENTRO EDUCATIVO VICENCIANO  estruturado en dúas etapas de ensino:
Educación Infantil: de 3 a 6 anos
Educación Primaria: de 6 a 12 anos
Desde esta páxina poderá acceder a diferentes seccións de información que favorecerán a comunicación de toda a comunidade educativa.
Pretendemos dar a coñecer os servizos cos que contamos: Horarios, Historia, Carácter Propio, Titorías e Persoal docente, ANPA e Extraescolares, Servizos e Proxectos, Libro de reclamacións e suxestións,… e ao mesmo tempo desexamos ser útiles na necesaria relación familia-escola, achegando a nosa realidade a través de : Galería de imaxes e instalacións, Plataforma educativa EDUCAMOS, Saídas, Novas, innovación Educativa, Programas de Dinamización, Calendario escolar, Blogs de aula, Tablón de anuncios de Infantil, Dinamización da Lingua Galega…
Así mesmo trataremos de ofrecer información de interese que complemente á recibida en secretaría e nos taboleiros de anuncios, como pode ser: descargables de xustificantes, admisión e matrícula, bolsas e axudas, listaxes de libros de texto, etc. a través da Secretaría Virtual. 
Finalmente, a nosa sección de Contacto ofrece outra vía máis de comunicación na que atoparedes os datos necesarios de acceso ao noso centro, así como o acceso ás nosas Redes Sociais.

UN COLEXIO QUE SABE ACOLLERTE

Formamos unha comunidade educativa na que nos sentimos unha gran familia.
Cada despedida do noso alumnado deixa constancia dos apegos que formamos cos nosos estudantes e que renovamos cos que entran de novo cada curso escolar.
SABER MÁIS PARA SERVIR MELLOR!

Mobirise

Contacto CPR Plurilingüe La Milagrosa

Don't hesitate to contact us

Praza Ferrol, 21 Lugo-27001

Teléfono: 982242010
Email: cpr.milagrosa.lugo@edu.xunta.es

Mobirise site maker - Visit site