MENÚ INICIAL

 

O carácter Propio dos centros vicenciáns, como o noso, La Milagrosa, promove unha educación en valores e intenta por todos os medios que o noso alumnado e as súas familias sexan portadores destes. Por iso nestas datas tan entrañables facemos espertar nos nenos e nenas o valor da solidariedade e compartir cos máis necesitados; de aí vén o traer a "bolsa para os pobres".
Que se fai con estes alimentos?

 A través da asociación Voluntarias da Caridade, que tamén fan a súa valiosa achega, e co que traen os nenos e nenas, prepáranse 30 bolsas nas que se pon algo de todo: polo, aceite, azucre, café, pastas,… e o propio do Nadal.
Dáselles a 30 familias necesitadas para que pasen o Nadal un pouco máis desafogado e lles sexa máis doado entender que Deus vén para todos.